Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Certificación e garantía

O selo Galicia Calidade abrangue 33 empresas e 104 produtos

A Consellaría de Economía e Industria ten en proceso de avaliación na actualidade outras 20 empresas.

Redacción - 09:30 17/08/2009

Son en total 33 empresas que teñen amparados 104 produtos pola marca de garantía Galicia Calidade, segundo comunicou este domingo a Consellaría de Economía e Industria. A Xunta destaca que o cambio realizado na imaxe corporativa, "que a dota de maior modernidade e visibilidade", o traballo específico para que as pemes galegas accedan á marca e os trocos regulamentarios posibilitaron un significativo aumento en poucos anos.

Na actualidade, a maioría das empresas pertencen ao sector agro-gandeiro e da pesca, máis do 90% do total, con importante presenza de produtos propios das denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas e consellos reguladores. De xeito concreto, a lista inclúe: Adega dos Eidos, Aguas de Cabreiroá, Aguas de Mondariz-Fuente del Val, Avícola de Galicia, Bodegas Ruchel, Casa de Cacheiro, Casa Brandariz, Coren, Coruñesa de Etiquetas, Customdrinks, Explotación Agropecuaria de Vilane, Feiraco, Gallego Pereira, Gargalo, Hijos de Rivera, Hornos San Fiz, Hotel Augusta Spa Resort, Hotel Louxo, Ingapan, Jealsa-Rianxeira, Leche de Galicia, Luís Escurís Batalla, Materiales Cerámicos, Mergulladores de Longueirón de Fisterra, Paquito, Puerto Celeiro, Queixería Leiras, Queserías Castillo de Pambre, Ramiro Martínez, Torre de Núñez, Auto-radio, Vidisco e Vilarvín.

A marca púxose en marcha en 1997, e defenden desde o Goberno que se trata da mellor posicionada a nivel estatal na súa clase. "A vía de diferenciar os produtos galegos e dotalos dun alto nivel de calidade é unha das claves para que sexan competitivas nos mercados e é fundamental desenvolver a súa promoción dentro e fóra de España", expoñen desde Industria.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: