Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Recta final A Polo Ghit 2009

A ghit-historia: 230 pezas en catro anos

O sábado coñeceremos a decisión do xurado e deica este xoves está aberta a votación do público. Mentres, convidámosvos a remexer na ghit-historia: un total de 230 pezas musicais en catro anos.

Redacción - 11:50 26/08/2009

Entre Quixotes, astronautas, fanecas e garotas foron este verán de 2009 un total de 58 propostas as que chegaron á nosa caixa de correo. Todas elas pódense escoitar na web do A Polo Ghit 2009. Recordámosvos que as dez finalistas poden ser votadas deica o xoves día 27 ás 12 horas, momento en que remata o prazo (recordade que aos votos da web nese momento aínda haberá que engadirlle os chegados á Radio Galega a través do teléfono e SMS). O ghit do verán 2009 elixido polo xurado será coñecido o sábado 29 de agosto.

Na nosa hemeroteca está tamén, descargábel de balde, o CD A Polo Ghit 2008, cun total de 82 temas que asolagaron o correo naquela edición, incluído o do gañador, o tema Planeta 19, dos ferroláns Boy Elliott and The Plastic Bags. E un total de 52 pezas chegarán ao A Polo Ghit 2007, ano no que o premio foi para o tema Biocultivos, da formación debutante Sacha na Horta. "Vivo na terra do sol, aínda que chova aquí vai calor", cantaban. E máis lonxe no tempo, a edición inaugural, onde a iniciativa nacía forte co apoio de 38 propostas musicais. Era o verán de 2006 e un xurado formado por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei, declaraba gañadora a peza In the Ocean, tema en galego con retrouso en inglés interpretado polo músico coruñés Pulpiño Viascón. Todo o que de si deu aquela experiencia pioneira na rede galaica poden atopalo condensalo no CD de libre descarga A Polo Ghit 2006.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: