Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
'Anenotario'

"A min dáme só arroz, non me botes accesorios"

Velaí unha das anécdotas enviadas a un dos concursos do espazo Galegoelogo. Non perdan as ocorrencias dos máis pequechos da casa.

Redacción - 13:45 26/08/2009

Só arroz
A miña filla Sofi é moi mala comedora, e o outro día que había paella para comer, dixo: "A min dáme só arroz, non me botes accesorios".

Descuberta
Maruxa, de tres anos, volveu para a casa, despois de pasar a tarde xogando cuns amigos, entusiasmada coa súa descuberta idiomática:
- ¡Papá, papá! ¡Pelota en castelán dise fúbol!

Lindas palabras inventadas: salpingar
Este verbo naceu un día de vento e auga en Porto do Son.
Levabamos a Nuno pequecho (aínda non fixera os dous anos) e puxémonos a mirar para o mar bravo desde un alto. O vento trouxo o final dunha onda e Nuno advertiunos:
- O mar salpinga.


Velaí tres das achegas que inclúe o "Anenotario" que pode consultarse na web Galegoelogo. O concurso organizado pola secretaría xeral de Política Lingüística acaba de resolver os seus gañadores entre as pequenas pezas saídas do enxeño infantil e compartidas por nais e pais neste sitio. Malia o certame quedar xa pechado, se teñen algunha "anénota" abrollada da ocorrencia dos cativos poden seguir enviándoas á web.


4.96/5 (25 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: