Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
70 ANIVERSARIO DA II GUERRA MUNDIAL

A guerra que cambiou o mundo

O 1 de setembro de 1939 as tropas de Hitler cruzaban a fronteira polaca. Setenta anos despois, Putín recoñece que o pacto Ribbentrop-Molotov foi un grave erro.

Redacción - 11:45 01/09/2009

Hai hoxe setenta anos o exército alemán invadía Polonia. Os tanques nazis romperon a fronteira logo de acusar (falsamente) ao país veciño de ter atacado un posto xermano. Comezada a crise, Reino Unido e Francia exixiron unha retirada nun prazo máximo de 48 horas. Logo de que Hitler fixese caso omiso á advertencia, a Segunda Guerra Mundial era xa inevitábel. Algúns historiadores defenden que a Segunda Guerra Mundial principia dous anos antes en Asia, en paralelo aos enfrontamentos entre xaponeses e chineses.

Tendo como referencia calquera das dúas datas, o certo é que a Segunda Guerra Mundial está considerada o conflito máis mortífero da historia (60 millóns de persoas, a maior parte civís, perderon a vida). A URSS con 27 millóns, China con máis de 11 e Alemaña con 7 foron os estados que sufriron un maior número de baixas mortais.

Este martes, Polonia é o centro das conmemoracións. O presidente, Lech Kaczynski, e o primeiro ministro, Donald Tusk, reciben ao primeiro ministro ruso, Valdimir Putin, e a alemana Angela Merkel.

Un día antes, Putin publicou un artigo no xornal polaco “Gazeta Wyborcza" no que consideraba un erro o pacto Ribbentrop-Molotov, asinado entre a Alemaña nazi e a Unión Soviética a 23 de Agosto de 1939.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: