Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Resposta

Bono rexeita o uso das linguas cooficiais no Congreso

Afirma que a proposta, presentada por todas as forzas políticas agás PP, PSOE e UPyD, só se pode levar a cabo modificando o regulamento.

Redacción - 10:40 02/09/2009

O presidente do Congreso dos Deputados, José Bono, respondeu no primeiro día do novo curso político a carta que lle mandaran en xullo os voceiros de ERC, CiU, PNV, BNG, IU, ICV, Coalición Canaria e Nafarroa Bai pedíndolle o uso libre das linguas cooficiais nas sesións plenarias. Bono rexeitou permitilo alegando que sería preciso cambiar o regulamento.

A carta, que asinaron todos os grupos parlamentarios con representación no Congreso, agás o PSOE, o PP e UpyD, solicitaba que se facilitase o uso das linguas cooficiais, aínda que fose de xeito limitado, e facilitándolle a tradución aos servizos da Cámara, como tentara o anterior presidente do Congreso, Manuel Marín, antes de revogar a súa propia doutrina por falta de consenso.

José Bono asegurou que a iniciativa do anterior responsábel da cámara lexislativa carecía "de valor normativo ou como precedente", e que Marín acabou recoñecendo que se trabucara. Bono "vese obrigado a declinar responsabilidades" polo uso ou non de linguas distintas do castelán no Congreso, pois "ademais de teren un encaixe xurídico moi discutíbel, ofrecen experiencias non especialmente satisfactorias".

Porén, deixou a porta aberta asegurando que "o regulamento do Congreso pode ser modificado, pero non lle corresponde ao seu presidente facelo. Se os deputados, maioritariamente, cren que debe modificarse, pódeno cambiar eles", aínda que, "non podo transformar en maioría unha minoría".



4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: