Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
CAMBIO DE ACTITUDE?

Unión Fenosa 'parlará' catalán e poida que tamén galego

Gas Natural estuda normalizar o uso da lingua do país na relación diaria da compañía eléctrica cos seus clientes.

Redacción - 10:15 07/09/2009

A pesar do fortes vínculos que sempre xunguiron a Unión Fenosa e a Galiza, o uso da lingua propia do país pódese cualificar, con moita benevolencia, de anecdótica. O enésimo exemplo chegaba en forma de queixa á Redacción de Vieiros a semana pasada. Un usuario da compañía eléctrica, residente en Lugo, manifestaba o seu malestar logo que dende a atención ao cliente da empresa lle explicasen, sen contemplacións, que a única lingua da empresa era o castelán.

Até o de agora, nas facturas que chegan aos fogares do país o uso da lingua autóctona redúcese de xeito exclusivo aos epígrafes (fecha/data; número de cuenta/número conta). Na páxina web de Unión Fenosa nin iso. Só o castelán e o inglés teñen un espazo para a navegación.

Curiosamente, a política lingüística da empresa (centralizada en Madrid dende a década dos 80) podería mudar nos vindeiros meses. A nova propietaria de Unión Fenosa, a catalana Gas Natural, está a traballar na imaxe corporativa da eléctrica. Dende a sede central de Barcelona subliñan que están a ver a posibilidade de que Unión Fenosa normalice o uso do galego no seu día a día.

Os novos propietarios de Unión Fenosa teñen completamente normalizado o uso do catalán na relación cos seus usuarios. Un exemplo é a propia páxina.


5/5 (19 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: