Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Deturpación

Se A Coruña é La Coruña, Pontedeume é Puentemedió

Unha acción de vandalismo, probabelmente ridiculista, corrixiu nunha wiki os nomes castelanizados polas súas traducións "correctas".

Redacción - 18:09 09/09/2009

Se a vostede lle falan de Aires, Buero, Censuras, Puebla del Brezorrojal ou Puentemedió, seguramente non entenda a que se refiren. En realidade son topónimos do país traducidos literalmente ao castelán que podemos atopar na Wikilengua, unha web que se presenta como "un sitio aberto e participativo para compartir información práctica sobre a norma, o uso e o estilo" do castelán e para reflectir a súa diversidade. O servizo está promovido por Fundeu BBVA coa colaboración do Ministerio de Industria e da Universidade Autónoma de Madrid.

En realidade, esas formas serían as traducións correctas ao castelán dos nomes oficiais, e non os deturpados "Puebla del Caramiñal", "Puentedeume" ou "Sangenjo" que se consideran 'correctos' nalgunhas wikis españolas. De feito, as devanditas modificacións son froito do vandalismo dalgunha persoa oculta detrás un enderezo IP de R, polo tanto galega, e que queremos pensar que o fixo con afán ridiculista. Nalgúns casos estas accións foron 'corrixidas' e noutros mantéñense, como nos das provincias da Coruña e de Pontevedra, o que non quere dicir que non fagan dano á vista os topónimos de Lugo e de Ourense.

Parece que os ciberactivistas que reivindican o uso dos topónimos oficiais na rede están a ter máis exito, aínda que sexa de xeito ridiculista, na Wikilengua ca na Wikipedia en castelán, pragada de barbaridades toponímicas defendidas a morte polos seus editores.


5/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: