Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS

O ecoloxismo anuncia unha batalla sen tregua contra a planta de Cabo Touriñán

Subliñan que os diferentes gobernos sempre priman os intereses político-empresariais sobre os xerais.

Redacción - 14:15 11/09/2009

Cabo Touriñán é intocábel. Isto é o que pensan as principais organizacións ecoloxistas de Galiza. A decisión da Xunta de retomar os trámites administrativos para instalar un gran proxecto acuícola neste espazo natural vai abrir sen dúbida unha forte batalla co movemento ecoloxista. Para este é innegábel que nun proceso rigoroso sería imposíbel que ningunha empresa poidese obter unha declaración de impacto ambiental positivo nunha zona como é a de Cabo Touriñán.

Tanto dende Adega como dende Verdegaia cualifican de positivo o feito de que o Goberno retire os catro proxectos acuícolas de Merexo (Muxía), Seiruga (Malpica), Laxe Brava (Ribeira) e Chandriña (Camariñas) pero considera extraordinariamente negativo a intención de reabrir o debate sobre Cabo Touriñán. De feito, xa advirten que, en caso de aprobarse o proxecto, chegarán aos tribunais.

Martiño Fiz, de Adega recrimínalle ao executivo de Feijoo que goberne "sen ter en conta criterios ambientais nin sociais". Dende Verdegaia, Antón Fortuna subliña que o problema básico é a filosofía do propio plan acuícola, aprobado polo bipartito e que está a ser agora reformado polo PPdeG: “O plan inza a costa galega de macropiscifactorías, esta é a realidade”.

Cando os intereses políticos e empresariais
A xuízo dos ecoloxistas os intereses das empresas pasan por riba dos do país. Antón Fortuna é contundente: "o bipartito favorecía empresas como Stolt Sea Farm e vetaba empresas tradicionalmente próximas ao PP e este goberno fai o mesmo pero ao revés. As institucións velan moito polos intereses das empresas e moi pouco polos xerais".

Para Martiño Fiz non hai dúbida de que na supresión dos outros catro proxectos hai intereses políticos do PPdeG de cara ás vindeiras eleccións municipais. Isto explicaría que se anule o proxecto de Chandriña e que a pouca distancia se manteñan un proxecto cun impacto moi similar: o de Arou.


5/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: