Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"A miña patria é aínda unha prisión"

O xornalista iraquí que lle guindou o zapato a Bush "foi torturado"

Al-Zaidi asegura que recibiu castigos físicos na prisión de Bagdad na que estivo preso nove meses e exixe desculpas.

Redacción - 14:45 15/09/2009

O xornalista iraquí que lle arrebolou os zapatos ao ex presidente dos EUA George W. Bush afirma que foi torturado por funcionarios gobernamentais de alto rango. Foi liberado despois de pasar nove meses nunha prisión de Bagdad . Al-Zaidi Muntadar exixiu unha disculpa e asegurou que daría o nome dos oficiais máis tarde.

Funcionarios iraquís negaron nun primeiro momento as alegacións do xornalista, pero tras a roda de prensa, un conselleiro de Maliki asegurou que o sucedido sería investigado. O xornalista foi condeado a tres anos de prisión por asaltar un líder estranxeiro. Conseguiu que a pena se reducise a un ano e finalmente foi liberado por boa conduta tres meses antes do previsto. Este acto converteuno nun heroe entre moitos árabes, porén algúns iraquís aínda repudian a súa protesta.

Despois da súa liberación, o martes, declarou ante xornalistas: "son libre outra vez, pero a miña patria é aínda unha prisión". Apareceu ante os medios sen un dente, o que lle dificultaba as explicacións e denunciou que durante a súa condena sufrira palizas, descargas eléctricas e que en varias ocasións sentiu que morrería afogado entre as mans dos gardas. Ademais, asegurou que temía que os servizos de intelixencia estadounidenses o considerasen "un revolucionario insurxente".


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: