Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
"ASPIRANTE AO TÍTULO DE PARIA"

'The Guardian' desculpase por cualificar a Chávez como "paria"

O xornal británico The Guardian retractase cunha nota na súa páxina web despois de que o seu editor de asuntos do Medio Oriente, Ian Black, cualificara ao presidente, Hugo Chávez, como "aspirante ao título de paria que Gaddafi mantivo por bastante tempo".

Xurxo Martínez Crespo - 08:42 19/09/2009

Ian Black formulou este comentario, sen basamento algún, nun artigo intitulado As sombras do Megrahi tinguen a gran celebración en Libia dos 40 anos de Gaddafi o 31 de agosto de 2009.

O embaixador de Venezuela en Londres, Samuel Moncada, comunicouse co xornal The Guardian para esixirlles unha rectificación, e posteriormente Siobahin Butterworth, editora da sección de lectores do The Guardian, informoulle ao embaixador que o seu xornal "eliminou a citada oración da páxina web, e agregou unha nota ao pé de páxina onde se explica o cambio" e que sinala o seguinte: "Este artigo foi corrixido o martes 15 de setembro de 2009. Removemos un comentario que sinalaba ao presidente de Venezuela Hugo Chávez como aspirante ao título de 'paria' que Gaddafi mantivo por bastante tempo. 'Paria' non era a palabra axeitada; non foi a nosa intención suxerir que outros países romperon relacións diplomáticas con Venezuela. Quixemos expresar que algunhas persoas consideran que o presidente de Venezuela é unha figura controvertida".Esta é a segunda vez que unha publicación británica retráctase por insultos ao presidente venezuelano. O mes pasado The Economist retractouse de afirmacións infundadas sobre unha presunta participación de tropas militares venezuelanas en Bolivia.

Respecto diso, o embaixador Moncada afirmou: "compráceme saber que The Guardian retractouse das falsas acusacións que cualifican ao presidente Chávez de paria. Desafortunadamente, foron moitos os artigos de desinformación e manipulación nos medios británicos acerca dos avances en Venezuela. Razón pola cal sempre estaremos dispostos a esgotar todos os esforzos para contrarrestar esas desinformacións. Por encima de todo debe informarse axeitada e honestamente para que sexan os mesmos lectores quen cheguen ás súas propias conclusións".



Ligazóns

3.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: