Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA CO LISTA DE ESPERA

Sanidade asegura que o bipartito camuflou 20 mil citas con médicos especialistas

Os socialistas aseguran que hai pacientes con enfermidades graves pendentes de cita dende o cambio de goberno.

Europa Press / Redacción - 17:45 23/09/2009
Pilara Farjas, nunha imaxe de arquivo

Pilara Farjas, nunha imaxe de arquivo

O Goberno pasa factura. Segundo a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o bipartito deixou non “caixón” case 20 mil solicitudes de citas médicas en especialidades como oftalmoloxía, traumatoloxía, reumatoloxía ou xinecoloxía. Segundo a conselleira, as anteriores autoridades sanitarias deixaron persoas “que nunca existiron nas listas oficiais e que quedaron fóra para evitar engordar os tempos” nos listados que publicitaba o Sergas.

Farjas deu a coñecer a existencia destes listados logo de que o BNG se interesase polo modo que se confeccionan as listas de espera e como se trasladan logo os datos nas comunicacións oficiais. A nacionalista Ana Luísa Bouza recriminoulle á conselleira que leve catro meses de parálise dedicándose a auditar.

A conselleira subliñou que se están a revisar os rendementos cirúrxicos e asistenciais de cada dentro para “reducir os tempos de espera de diagnóstico e de tratamento e, por outro, potenciar a cirurxía ambulatoria e priorizar as intervencións das doenzas máis graves”.

O PSdeG afirma que hai doentes con cancro que levan dende marzo esperando
“Só me falta pedilo de xeonllos”, exclamou o socialista Modesto Pose, que denunciou que hai casos de cidadáns que están sen atender dende marzo a pesar de que teñen “cancros e tumores”.

O PPdeG rexeitou unha proposición non de lei presentada por socialistas e nacionalistas e que solicitaba que se retomasen as actividades sanitarias extraordinarias debido ao “intolerábel” aumento do tempo de espera.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: