Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SOCIEDADE CIVIL

Santiago acollerá unha concentración solidaria co xuíz Garzón

Diferentes colectivos defenden o maxistrado e entenden que a acusación por prevaricación á que se enfronta obedece a intereses espurios.

Redacción - 19:19 23/09/2009
O xuíz Baltasar Garzón está acusado de prevaricación

O xuíz Baltasar Garzón está acusado de prevaricación

Será o vindeiro venres, ao mediodía, na compostelá Praza do Obradoiro. Diversos colectivos, entre os que se atopan ONG's, asociacións da memoria histórica, de axuda á drogadicción, contra o narcotráfico, culturais ou profesionais, celebrarán unha concentración na que tentarán amosar a repulsa da sociedade civil galega ante o que consideran unha persecución política e xudicial contra o xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón.

Entre estes colectivos atópase o Seminario Galego de Educación para a Paz. O seu presidente, Manuel Dios Diz, explica a Vieiros como xurdiu esta iniciativa: "hai que lembrar que Galiza ten unha débeda contraida con Garzón dende a operación nécora", explica, "non podemos esquecer que foi o xuíz que meteu na cadea aos grandes capos do narcotráfico galego".

"Dende o agradecemento pola súa actividade naquel momento, mais tamén polo papel desenvolvido na reivindicación da memoria histórica, pola súa achega fundamental ao concepto de "xustiza universal" e pola nosa convicción de que se trata dunha persoa íntegra, acudiremos a esta concentración para facer visíbel a nosa solidariedade", insiste Dios Diz, "fundamentalmente porque entendemos que está sendo obxecto dunha cacería por parte dos sectores máis dereitistas da xustiza española".

Acto simbólico, con vocación universal
Nesta concentración está previsto que se forme unha cadea humana, que soportará unha pancarta que rece: "Galiza con Garzón". Ademais, o escritor Manuel Rivas dará lectura a un manifesto de apoio e de solidariedade diante da "persecución que está a sufrir o maxistrado". Segundo Dios Diz, "a idea é que eta experiencia que nace aquí, pola especial relación do xuíz cos galegos, poida ser reproducida noutros lugares do Estado Español e cónstanos que existe esa sensibilidade noutros lugares. Sen descartar outro tipo de actos nun futuro, dende a organización desta protesta convocan a participar a toda a cidadanía que queira amosar a súa solidariedade con Garzón.


Ligazóns

4.08/5 (13 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: