Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
MANIFESTACIÓN

En Ferrol, en galego

A Fundaçom Artábria convoca para este venres ás 20.00 horas unha mobilización para reivindicar a utilización do galego por parte da Administración.

Redacción - 11:30 25/09/2009

Sairá ás 20.00 horas deste venres desde a ferrolá praza do Himno Galego. A Fundaçom Artábria convoca unha mobilización en defensa do galego e da súa utilización por parte das administracións, que pretende facer visíbel aos galegofalantes da comarca de Ferrol. Cando este colectivo cumpre os seus primeiros 11 anos de historia, chama a unha reflexión sobre "a gravidade da situación á que os poderes públicos están a levar ó noso idioma".

Artábria denuncia que "o conxunto das institucións públicas carecen do necesario interese para mudar as negativas tendencias actuais" no referente ao uso da nosa lingua. Ademais de dirixir as súas críticas cara o actual Goberno e o PPdeG, tamén lamentan o posicionamento do executivo local: "no caso de Ferrol, o propio goberno municipal ten enormes carencias en materia dunha tan necesaria normalización lingüística".

Así, o colectivo chama a participar a todos os ferroláns para que "tanto o actual goberno municipal como os grupos da oposición e o partido que goberna na Xunta saiban que a veciñanza de Ferrol non está disposta a ver como o galego esmorece sen que as institucións públicas tomen medidas para evitalo".


Ligazóns

4,67/5 (24 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: