Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROTESTA NO RIBEIRO

“A próxima festa no pazo de Pachi. Pásao!”

Novas Xeracións maniféstase con pancartas diante da casa do líder do PSdeG para recriminarlle unha suposta débeda co Concello de San Amaro

Redacción - 19:25 27/09/2009

Un pequeno grupo de membros de Novas Xeracións concentrouse este domingo fronte á casa do secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez. Os manifestantes portaban pancartas (escritas en castelán) con lendas como: “Pachi, así si hai quen viva”; “Pachi, Facenda somos todos”; ou “A vindeira festa no pazo de Pachi. Pásao!”.

As protestas están relacionadas coas acusacións que nos últimos días verteron diferentes dirixentes do PPdeG sobre o líder socialista. Segundo os conservadores, Vázquez solicitou un permiso para retellar a súa casa de San Amaro (Comarca do Carballiño) e acabou facendo unha reforma integral que o secretario xeral do PPdeG, Rodríguez Miranda, cifrou en perto de 600 mil euros. Segundo esta teoría, o propietario da casa tería que terlle pagado 12 mil euros ao Concello de San Amaro (gobernado polo PP) e non os 80 euros que sosteñen que pagou polo concepto de “retelle” da vivenda.

Vázquez asegura que todo é "unha gran falacia"

Pola súa parte, nunha entrevista en RNE, Manuel Vázquez cualificou as acusación de “gran falacia” e dixo ter a “conciencia moi tranquila”. Segundo o socialista “o que doe é  que intenten desprestixiarte, pero teño 20 anos de experiencia política pelexando contra caciques como Baltar e Louzán e a conciencia tranquila por actuar correctamente”.

En referencia ao custe da obra, Vázquez dixo que “os 600 mil euros debe ser moita 'pasta', nunca os vin xuntos”. Mantén que acometeu obras no tellado: “Dende hai 27 anos vivo nunha casa que debe ter 130 e debo ser o único do municipio que pediu licenza para amañar o tellado”


2/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: