Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVOS SOCIOS NO GOBERNO ALEMÁN

Merkel gobernará cos liberais

Os resultados provisionais confirman que a chanceleresa democristiá non precisará dos socialdemócratas, que sofren unha derrota histórica.

Redacción - 20:25 27/09/2009

A chanceleresa Angela Merkel logrou este domingo os seus dous obxectivos: renovar no cargo e poder prescindir dos socialdemócrtas no goberno. Segundo os resultado provisionais, a súa formación, a Unión Cristián Demócrata (CDU), foi a forza máis votada ao superar o 33% dos sufraxios. O Partido Socialdemócrata (SPD) sofre unha histórica derrota ao caer en picado até o 23% e os liberais (o socio preferente de Merkel) logran perto do 15% dos votos. A formación Die Linke (á esquerda dos socialidemócratas) logra o 12,4% dos votos e Os Verdes o 10,2%.

Merkel xa deu por feita a vitoria da súa formación e anunciou que comezará a negociar cos liberais para formar un novo executivo cos liberais de Guido Westerwelle, que pasaría a ser o número dous alemán. A unión das forzas conservadoras suma o 48% dos apoios fronte ao 46% das tres principais organizacións progresistas do país.


2.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: