Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGROS "IMPORTANTES"

Reporteiros do país dan parte da acción galega no Golfo de Fonseca

Cinco membros de Agareso asociados a Amigos da Terra viaxan a Centroamérica para sensibilizar a poboación co ecosistema

Redacción - 19:00 30/09/2009

Amigos da Terra e Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, Agareso, presentaron este martes aos medios a viaxe dos cinco xornalistas galegos ao Golfo de Fonseca onde a escaseza de recursos pon en perigo a subsistencia de moitas persoas. O pasado 16 de setembro partiron rumbo a Centroámerica para visitar Nicaragua, Honduras e O Salvador, onde se están a levar a cabo accións de cooperación grazas as axudas galegas.

Para Judith Sing, responsábel de cooperación de Amigos da Terra, o obxectivo desta acción é “sensibilizar” á sociedade galega co medio e “para que coñezan en que se invirten os seus cartos, e cales son os logros”, que califica de “importantes” e asegura que con eles podemos “mellorar a calidade de vida desa xente”. A asociación traballa na zona do golfo no que converxen os tres países e nos que “os problemas son semellantes”.

Sing recorda que antes o prezo do produto establecíao o consumidor, agora, os pescadores poden facer que o peixe chegue ao mercado “sen que se aproveiten os intermediarios”. Para a xornalista Eva Alonso, isto é consecuencia das axudas que conseguiron “darlle formación, acondicionar os seus centros de acopio, mellorar os apeiros de pesca, os barcos” . Desde Amigos da Terra entenden que en determinadas situacións como o actual contexto da crise económica a cooperación é “moi difícil”, mais asegura que a situación das zonas en vías de desenvolvemento “non é comparábel” a nosa e sinala que neses países “levan moitos anos de crise”.

Asimesmo, Judith Sing afirma que “non lles estamos ensinando a vivir coma nós, senón a aprender a aproveitar os recursos e a mantelos”. “Ese 0,7 que xa se leva moitos anos pedindo” para a colaboración con estas áreas non supón nada para nós e “eles, con poucas cousas confórmanse”, di Sing, “nós incluso téndoo todo non somos felices”.

Nun país pobre o lixo é pobre”
Durante 12 días os xornalistas de Agareso tiveron a oportunidade de entrevistarse cas cooperaticas de pescadores artesanais, con responsabeis da empresa galega Calvo, que conta con instalacións en O Salvador, ademais de manter o contacto coas institucións locais e compañías de mulleres.

Partiron cara Salvador e entraron en contacto coa contraparte que ten alí Amigos da Terra, a Comunidade para o Desenvolvemento do Cacahuatique, CODECA. Estrela López califica de “sorprendente” o labor que es está levando a cabo neses países onde se verten a ríos e mares grandes cantidades de plástico diariamente, “incluso as barcas teñen que apartalas”. Aseguran que dos países visitados, Salvador é o que amosa mellores condicións. En Nicaragua a contaminación está provocando a morte de milleiros de peixes que permanecen “flotando nas augas do mar”. Aseguran que os pescadores coñecen os efectos do lixo e recordaban as palabras dun dos colaboradores "nun país pobre o lixo é pobre".

A situacuón precaria de Honduras limitou o tempo da visita, na que descubriron que os pescadores “están moi concienciados da contaminación”. Os xornalistas denunciaron o verquido de pesticidas ao mar, procedentes das plantacións da caña de azucre. Porén, aplauden que, grazas ás axudas, as mulleres estean traballando na fariña de pescado, cando antes “os desfeitos do peixe contribuían a contaminar”.


2,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: