Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Asemblea nacional

Galiza Nova renovará a súa directiva para saír "máis cohesionada" fonte ao PPdeG

A secretaria xeral, Iria Aboi, anunciou o apoio da formación á manifestación de Queremos Galego, o 18 de outubro.

Redacción / EP - 18:05 07/10/2009
Iria Aboi

Iria Aboi

Galiza Nova desenvolverá o 24 e o 25 de outubro a súa asemblea nacional, en que renovará a dirección coa perspectiva de saír "máis activa" fronte ás políticas do PPdeG e "máis cohesionada". O lema das dúas xornadas será "Organizando a mocidade, loitando pola patria". Terán lugar no Instituto Xelmírez I de Compostela.

A secretaria xeral, Iria Aboi, subliñou a necesidade de que a mocidade galega se "opoña" ás accións do Goberno coas que a xente nova está abocada a ser a "pagá" da crise. Na actualidade, Galiza Nova atópase na fase de debate das teses políticas nas súas asembleas comarcais.

No documento político, o colectivo avalía de "forma negativa" o regreso do PPdeG ao Goberno e manifesta que, despois de seis meses, "non haxa nin unha soa medida para impulsar o emprego de calidade" para a mocidade.

As súas críticas tamén se dirixen a Alberto Núñez Feijoo e á responsábel de Traballo, Beatriz Mato, polo feito de que "só se fagan fotos e se dediquen a vender fume", mentres Galiza Nova defende "o ensino público, de calidade e en galego". Neste senso, a organización anunciou que apoiará a manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego o 18 de outubro fronte a "un ataque á lingua propia do país".

A mocidade nacionalista ten de prazo até 48 horas antes para presentar listas á asemblea nacional de Galiza Nova, que debe incluír 25 persoas. Iria Aboi afirmou que descoñece se haberá unha lista de consenso ou varias, aínda que, baseándose no transcurso das negociacións, todo apunta a que serán varias as candidaturas. Tamén se amosou "disposta" ao que decida a militancia no que se refire á súa candidatura á reelección.

Aboi tamén indicou que hai "diferentes sensibilidades" dentro da dirección de Galiza Nova, en referencia ás críticas da mocidade de MáisBNG. En calquera caso, Iria Aboi asegurou que será a asemblea "máis populosa e participativa" dos 21 anos de historia de Galiza Nova.


2.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: