Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DENUNCIA DE CCOO

A Xunta gasta 600 mil euros en vestiario innecesario para veterinarios

Dotarase de roupa aos 300 profesionais adscritos a Medio Rural cando só un 28% sae diariamente ao campo e xa renovara os seus traxes no último trimestre do ano pasado.

Redacción - 19:00 07/10/2009

600 mil euros será o custe que terá o vestiario do persoal veterinario da Xunta de Galiza. O Goberno adxudicou (Resolución 22/09) o servizo de xestión integral da indumentaria para traballos de sanidade animal á empresa Gespal La Paloma, SL por un período de tres anos e cun importe de licitación de 630 mil euros. Así o denuncian dende Comisións Obreiras (CCOO), que falan de "dilapidación de cartos mediante adxudicación de contratos millonarios de dubidosa necesidade real e de baixa calidade".

Traxes e lavandaría
O gasto destinarase a confeccionar para cada membro do persoal veterinario 11 traxes de inverno (chaqueta e pantalón), 11 traxes de verán (pixamas de cirurxía), tres chalecos e un forro polar. A entrega do primeiro equipamento está prevista para comezos de setembro, co compromiso de lavado unha vez por semana. Porén, o sindicato denuncia que se farán traxes para 300 veterinarios cando só 85 (28%) saen diariamente ao campo (115 fan dúas ou tres saídas á semana e os 100 restantes rara vez saen das oficinas). É dicir, a Xunta podería, cando menos, aforrar 300 mil euros deste contrato para destinalos a outras demandas do persoal veterinario.

Pero é que ademais, segunda explica CCOO, por mor da lingua azul no último trimestre de 2008 xa se dotara de suficientes traxes a todo o persoal veterinario de Medio Rural, incluído o servizo de lavandaría, e que moitos aínda están sen estrear. Os representantes dos traballadores lamentan non ter sido consultados sobre as necesidades reais de roupa de traballo e denuncian que este orzamento non se destinase a outras prioridades, entre as que mencionan a mellora das oficinas agrarias (con moitas deficiencias estruturais, amoreamento de persoal, humidades, falta de material...).


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: