Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
A terceira escritora nesta década

Herta Müller gaña o Nobel de Literatura

A poeta, novelista e ensaísta alemá-romanesa conta cunha obra publicada en galego: 'O home é un grande faisán no mundo'.

Redacción - 13:35 08/10/2009

A Academia Sueca anunciou este xoves que a escritora alemá-romanesa Herta Müller é a gañadora do Premio Nobel de Literatura 2009. Nacida en 1953 no seo dunha familia suaba en Romanía, na súa obra denunciou as malas condicións de vida baixo o réxime de Ceauşescu. Tivo que saír do país polo seu relevante papel na defensa dos dereitos da minoría alemá nese país. Na actualidade reside en Alemaña.

Müller conta cunha tradución ao galego, editada en 2001 por Xerais na súa colección de peto. Trátase de O home é un grande faisán no mundo, traducido por Frank Meyer. É a terceira muller que logra o Nobel desde que en 2004 o fixera Elfriede Jelinek. O premio, dotado con dez millóns de coroas suecas (980 mil euros), entregaráselle o 10 de decembro, ao igual que no resto das categorías.

O seu nome impúxose ao dos favoritos deste ano: Amos Oz, Joyce Carol Oates, Philip Roth, Thomas Pynchon, Adonis e Assia Djebar, entre outros. Se ata hai uns días só aparecía nas quinielas duns poucos, nas últimas xornadas correu o rumor de que podería ser a gañadora e incluso rematou como principal candidata na casa de apostas por internet Ladbrokes.com.


Ligazóns

5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: