Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación

Un milleiro de persoas arroupou a alcaldesa de Silleda fronte á moción de censura

Paula Fernández Pena pediulle a Mariano Rajoy que faga presión para que non se leve a cabo a moción o luns 18.

Redacción / EP - 10:15 12/10/2009

Arredor de mil persoas, 1.300 segundo a Policía Local, manifestáronse este domingo en Silleda para rexeitar a moción de censura presentada polos cinco edís do PPdeG e dous ex-concelleiros do PSdeG. A alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, pediulle ao presidente do PP, Mariano Rajoy, que lles "diga" aos ex-edís que asinaron a moción que "non levanten a man" o luns 18 no pleno extraordinario convocado para desaloxala da alcaldía.

Fernández Pena fixo extensiva a chamada ao conselleiro da Presidencia e secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, e ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, a quen culpou de "estar detrás" desta moción, xunto co alcalde de Lalín, Xosé Crespo.

A rexedora, visibelmente emocionada polos xestos de apoio recibidos, destacou que durante os case dous anos no poder foron "un equipo" que "non fixo distincións". Nese senso, advertiu de que o PP "xa está a falar de abandonar parroquias afíns ao PSOE".

Para Fernández Pena, o que está a ocorrer en Silleda é "unha demostración clarísima de que o pobo non os quere" e de facerlles ver que "teñen que gañarlle ao PSOE democraticamente nas urnas". Así, a alcaldesa confiou en que a concentración "sirva para valorar se lles vale a pena continuar co que teñen pensado".


3.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: