Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NORMALIZACIÓN

As reclamacións a outro sitio: para a OCU a única toponimia válida é a castelanizada

A principal organización de consumidores do Estado Español négase a cambiar a súa política lingüística pese á queixa dalgúns asociados.

Redacción - 14:05 14/10/2009
Tags: OCU toponimia

Cando un consumidor considera que se vulneran os seus dereitos ten varias posibilidades de canalizar as súas demandas, unha das máis coñecidas é a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU). A organización, de carácter estatal, fundouse en 1975 e conta con 15 mil socios en Galiza. Porén, a sensibilidade cara o idioma é nula. Un dos mellores exemplos é o uso castelanizado da toponimia e a negativa da dirección a cambiar esta política lingüística.

Un dos socios galegos da OCU, Miguel Arias Fernández, explicoulle a Vieiros que recentemente lle ten remitido varios correos á asociación para pedirlle que respecte a Lei de Normalización Lingüística e non castelanice topónimos como os da Coruña ou Ourense. Pero a resposta da dirección da OCU foi tan amábel nas formas como contundente no fondo: as reclamacións non proceden.

Segundo Arias, dende a OCU aférranse ao libro de estilo das súas publicacións para non variaren a súa política lingüística. O manual de escrita da OCU sostén, segundo lle explicaron, que as entidades de poboación maiores escribiranse sempre en castelán 'Lérida' por Lleida, 'Ourense' por Orense, ou 'La Coruña' por A Coruña (seguindo o exemplo, aseguran, do caso de Londres e non London). Porén, o mesmo libro de estilo deixa liberdade para escribir nas linguas cooficiais o topónimo das entidades menores (municipios non urbanos).

Aínda que nunha serie de correos Arias Fernández, como socio, intentou ver a posibilidade de reformular este punto do manual de estilo, dende a OCU xa lle fixeron chegar que non hai emenda posíbel e que só é boa (sen excepcións) a fórmula castelanizada. Neste caso concreto, poderíase dicir que a principal organización de consumidores que hai no Estado Español non entende de reclamacións.


4,4/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: