Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN VIGO

Contra o desmantelamento da conserveira, Alfageme en folga

As 150 traballadoras rexeitan o plan de viabilidade presentado pola empresa, que contempla o peche de dúas das catro fábricas do grupo.

Redacción - 12:05 22/10/2009
As traballadoras rexeitan o plan de viabilidade presentado pola empresa e o seu equipo xestor

As traballadoras rexeitan o plan de viabilidade presentado pola empresa e o seu equipo xestor

"Si ao emprego; non á especulación". Este é o lema que encabezou a manifestación celebrada este xoves en Vigo contra o desmantelamento da centenaria conserveira Alfageme. Os 150 traballadores desta empresa rexeitan con esta folga o plan de viabilidade elaborado pola dirección, que contempla o peche da planta de Bouzas e o traslado dos traballadores a Vilaxoán, entre outras medidas.

Cambio de directiva
O cadro de persoal non acepta que quen lidere este proceso, apoiado con 9 millóns de euros pola Xunta (a través do Igape), sexa o mesmo equipo xestor que entenden que "desbaldiu" os últimos 44 millóns de euros avalados tamén polo Goberno, sen que se produciran grandes melloras ou cambios tecnolóxicos, produtivos e industriais.

Exixen un plan de viabilidade con garantías e o cambio da cabeza visíbel da empresa, Xoan Lago, da inmobiliaria Promalar, propietaria actual da conserveira. Na mesma liña se manifestaron os diferentes líderes sindicais: "non confiamos neste empresario, porque xa demostrou a súa absoluta ineptitude", aseguraron.

Outra das discrepancias refírese ao traslado dos traballadores de Vigo a Vilxoán, que non é aceptado polos sindicatos, afirman, "aínda que ofrezan compensacións económicas ou redución de horario". Finalmente, os manifestantes exixiron un papel máis activo por parte das administracións públicas, de xeito que exerzan control e impoñan as condicións para levar adiante o plan de viabilidade.


Ligazóns

5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: