Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IMPONSE A CONTINUIDADE

Iria Aboi, reelixida como secretaria xeral de Galiza Nova

Co 57,5 por cento dos votos a favor, a candidata de Alternativa Xuvenil pola Unidade liderará ás mocidades nacionalistas por dous anos máis.

Isabel G. Couso - 17:20 25/10/2009
Iria Aboi, durante a súa intervención na XI Asemblea Nacional

Iria Aboi, durante a súa intervención na XI Asemblea Nacional

Non houbo sorpresas. A candidatura que lideraba a actual secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, impúxose nas votacións da XI Asemblea Nacional da formación. "Alternativa Xuvenil pola Unidade", nucleada en torno á UPG e encabezada pola marinense, acadou 184 votos, é dicir o 57,5% dos emitidos.

Mentres, a candidatura de "Proposta Militante", xurdida arredor de Isca e liderada por Noa Presas, sumou outros 67 votos, é dicir, o 20,9% dos emitidos. Finalmente, Ínhigo Asotegi, que se presentou defendendo a opción "Entre tod@s, Galiza Nova" (impulsada por Máis BNG) acadou 62 votos, é dicir, o 19,3%. Houbo un total de 320 votos emitidos, dos que sete estaban en branco.

Co resultado sobre a mesa, a Dirección Nacional de Galiza Nova (equivalente ao Consello Nacional do BNG), conformada por 25 membros, contará con 15 representantes de Alternativa Xuvenil pola Unidade e cinco de cada unha das outras dúas formacións.

Así, queda conformada polos seguintes nomes: Inhigo Ansotegi Soares, Rocio Sampaio David, Paulo Carlos López López, Anxo Sánchez Tallón e Balbina Gándara Antelo pola formación "Entre tod@s, Galiza Nova"; Noa Presas Bergantiños, Laura Arjonilla Cristóbal, Breixo Lousada Valdés, Francisco Cortez Lobão Sineiro e Antía Fernández Miraz por "Proposta Militante"; e Iria Aboi Ferradás, Iago Varela Martínez, Alba Feixóo López, Gael González Beira, Lucía López Sobrado, Denís Bermúdez Delgado, María Vilaronga Chazo, Alberte Mera García, Iria Fernández Silva, Henrique del Río Outeiro, Cristina Alonso Salgado, Roi García Camba, Avia González Beira, Armando Carril Casanova eRaquel González Ferrón por ·Alternativa Xuvenil pola Unidade".

Aboi: "Todos somos necesarios"

A reelixida secretaria xeral aproveitou a súa intervención para apelar novamente á unidade e á cohesión interna que a Asemblea se marcou como obxectivo. "Todas e todos somos necesarios", dixo Iria Aboi, "todas e todos somos Galiza Nova". Nesta liña, ao tempo que se felicitou polo debate interno, insistiu en que "o inimigo está fora da nosa organización" e subliñou que "temos que mellorar, mais o punto de partida é moi positivo".

Na xuntanza aprobáronse diferentes resolucións, entre as que destacan o apoio á plataforma Queremos Galego na defensa da garantía dos dereitos lingüísticos; o compromiso coa difícil situación de diferentes sectores produtivos do país, como o gandeiro ou o téxtil; ou a solidariedade coas "loitas dos pobos contra o imperialismo opresor", entre os que se mencionaron o venezolano, o iraquí, o palestino, o cubano ou o mapuche. Iria Aboi chamou a traballar a prol da mocidade, "un dos sectores sociais máis castigado polo actual Goberno", con problemas entre os que destacou o desemprego xuvenil ou a precariedade laboral".

Vázquez: "Hai esperanza e chámase nacionalismo galego"
O encargado de pechar o acto foi o portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Guillerme Vázquez, quen defendeu ao nacionalismo como "a resposta aos problemas que atravesa o país". Logo de afirmar que "o paradigma neoliberal crebou" defendeu que a única saída á crise posíbel é "a aposta por outro modelo fiscal, outro modelo económico e outro modelo de relación". Así asegurou que é preciso un Estatuto de Nación para Galiza, que "as caixas galegas deben estar ao servizo da economía produtiva do país" e fixo fincapé no "dereito a defender a nosa lingua e a nosa cultura".

Finalmente, o máximo responsábel do BNG felicitou á mocidade nacionalista, a quen "sen ánimo de ser paternalista" lle recoñeceu a súa "entrega militante": "hai esperanza", dixo, "e chámase nacionalismo galego".


3.71/5 (21 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Guillerme Vázquez, na foto xunto con Iria Aboi, pechou a Asemblea
Guillerme Vázquez, na foto xunto con Iria Aboi, pechou a Asemblea
Iria Aboi apelou á unidade e á cohesión na súa intervención
Iria Aboi apelou á unidade e á cohesión na súa intervención
A XI Asemblea de Galiza nova prolongouse durante toda a fin de semana
A XI Asemblea de Galiza nova prolongouse durante toda a fin de semana
A nova Dirección Nacional de Galiza Nova durante a interpretación do Himno
A nova Dirección Nacional de Galiza Nova durante a interpretación do Himno
"Temos que mellorar, mais o punto de partida é moi positivo", dixo a secretaria xeral / Fotos: Isabel G. Couso
"Temos que mellorar, mais o punto de partida é moi positivo", dixo a secretaria xeral / Fotos: Isabel G. Couso