Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR ORDE DUN XULGADO LUCENSE

Axentes de policía rexistran o Concello de Castro de Rei

O alcalde, Xoán Xosé Díaz, e outros edís (PSdeG e TeGa) saíron do consistorio escoltados polos axentes.

EP/Redacción - 14:00 26/10/2009

A titular do Xulgado número 3 de Lugo, Estela San José, deu ordes de rexistrar as dependencias consistorias de Castro de Rei. Dende primeiras horas da mañá deste luns, un grupo de axentes adscritos á Policía Xudicial están a recoller documentación no Concello, que, segundo as primeiras versións, podería estar  relacionada coa trama de multas na que se viron implicados o ex responsábel da Xefatura Provincial de Tráfico, Xulio Gómez, e o até hai pouco subdelegado do goberno español en Lugo, Xesús Otero.

No interior da casa consistorial cos axentes atopábase o rexedor, o socialista Xoán Xosé Díaz Valiño. O goberno local conformado en 2007 por concelleiros do PSdeG e un de Terra Galega viuse reforzado hai pouco menos dun mes polos dous edís nacionalistas que decidiron entrar no excutivo. Porén, as pesquisas semellan centrarse en feitos que tiveron lugar ao longo do ano pasado.

Contra o mediodía, o alcalde, canda outros dous concelleiros do PSdeG e o único de TeGa, saíron escoltados polos funcionarios policiais en calidade de detidos. Os edís nacionalistas mostraron a súa sorpresa pola detencións e afirmaron confiar que a xustiza actúe.

Rexistros no Concello de Cospeito (ampliación 17.00 horas)

Contra media mañá, axentes da policía xudicial tamén se achegaron polo Concello de Cospeito (gobernado polo PPdeG) para requisar documentación. Polo momento, neste consitorio da Terra Chá non se prodociu detención de ningún responsábel político.


4.33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: