Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Queixas da CGENDL

O recorte de cartos para a lingua na escola paraliza ducias de actividades culturais

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística advirte dos proxectos que pon en perigo a redución dun 20% nos orzamentos para 2010.

Redacción - 13:00 28/10/2009

Xornais escolares, cursos de alfabetización en novas tecnoloxías e medios audiovisuais, obradoiros de teatro e expresión oral, proxectos de dinamización da lingua no eido local, programas educativos interescolares... Velaí media ducia de exemplos expostos pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística (CGENDL) sobre iniciativas que con probabilidade terán que ser suprimidas en moitas escolas do país de aprobárense os orzamentos 2010 co previsto recorte de fondos destinados ao fomento da lingua nos centros de ensino.

Á luz das contas presentadas recentemente polo Goberno, a Coordinadora considera que se produce un "recorte drástico" nas partidas destinadas ao fomento do uso da lingua no ensino non universitario. A redución dun 20% nos proxectos de dinamización non só freara actividades deseñadas coa meta de desenvolver a competencia lingüística do alumnado senón que, advirten, "afectará negativamente á proxección pública dos centros escolares e á súa programación extraescolar e cultural".

A CGNEDL suma a esta queixa aos reproches xa denunciados ao respecto do atraso na convocatoria anual das axudas ao fomento do idioma no ensino, "que ao se adiar ata xaneiro, no canto de setembro, paralizan de fato a actividade dos equipos". E lembran ademais a supresión dos seminarios de formación en dinamización lingüística orientados ao persoal docente, "que estiveron cubrindo nos últimos anos a demanda de formación dos profesionais do ámbito".


4/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: