Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sanidade

Profesionais da saúde encerraranse nos hospitais da Coruña, Ferrol e Compostela

A acción de protesta pola paralización dos acordos retributivos terá lugar de oito da mañá do martes á mesma hora do mércores.

Redacción - 19:10 02/11/2009

Traballadores das áreas sanitarias de Compostela, da Coruña e de Ferrol están chamados este martes a un encerro de 24 horas nos seus respectivos hospitais para protestaren pola paralización dos acordos retributivos para 2010 do persoal do Servizo Galego de Saúde. Os peches, convocados polos sindicatos, terán carácter rotatorio e durarán dende as oito da mañá do martes á mesma hora do mércores. Así mesmo, organizaranse asembleas informativas.

Manifestación en Vigo

O voceiro do PP de Vigo, Xosé Manuel Figueroa, criticou a presenza de concelleiros socialistas na manifestación a favor dun hospital público na cidade. Para Figueroa, Abel Caballero practica un "dobre discurso" e acusouno de "traizoar" o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. O edil popular lembrou que o rexedor local asegurara que "non había problema" cando Feijoo anunciara o financiamento "polos medios máis fáciles ou razoábeis" da nova infraestrutura sanitaria.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: