Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Hope Plus

Unha rede social para as ONG

En decembro comezará a funcionar un portal con ferramentas online para poñer en marcha proxectos de interese social en todo o mundo.

Redacción - 12:53 04/11/2009

Unha nova web, Hope Plus, aspira a ofrecer ferramentas na liña para favorecer a creación de proxectos sociais como a construción de escolas ou combater a contaminación. O proxecto, que prevé botar a andar en decembro, coincidindo coa conferencia contra o Cambio Climático de Copenhague, xa pediu o apoio de persoeiros como Barack Obama ou Bill Gates.

A páxina ou, máis ben, rede social, aínda está en construción, e anúnciase como "un lugar de encontro e participación para cambiar o mundo dende a rede". O proxecto está a ser desenvolvido pola consultora estadounidense PoliticsOnline, que concibe o sitio como "uns Corpos de Paz online ou un eBay benéfico".

O concepto está baseado nun proxecto anterior do seu fundador, Phil Noble, que foi asesor da BBC Action Network, un portal británico de activismo comunitario, segundo informou a mesma web informativa da BBC.

A web pretende ser multilingüe e xa conta co apoio técnico de Microsoft, Monster, Cisco e IBM. O seu contido será xerado pola comunidade. "Moitas ONG aínda son moi web 1.0. Queremos aplicarlles a tecnoloxía da web 2.0 que Obama usou con tanta efectividade", asegura Noble. As novas tecnoloxías permitiranlles ás ONG e entidades benéficas poñer en marcha novos proxectos sen teren que esquivar atrancos burocráticos.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: