Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Charlas sobre medio ambiente en pontevedra

A problemática do lobo en Galiza

Asociación Pola Defensa da Ría, o vindeiro mércores día 11 terá lugar unha nova charla no Teatro Principal de Pontevedra. Como as anteriores, a charla comenzará ás 20:00 horas, e neste caso o tema a tratar será o da PROBLEMÁTICA DO LOBO NA GALIZA.

Asociación pola Defensa da Ría (APDR) - 19:22 09/11/2009

Contamos neste caso coa participación de RUBÉN PORTAS, enxeñeiro técnico agrícola e estudante de Ciencias Medioambientais, especialista no tema do lobo e membro da ASCEL, asociación que ten como obxectivo a conservación e o estudio deste mamífero. Ten participado en numerosos foros científicos sobre o tema e impartido numerosas conferencias sobre a problemática do lobo na Galiza.

Doutra banda, contamos tamén coa presencia de ANTÓN VIDAL, membro da asociación cultural e ecoloxista CANHÓN DE PAU, de Cotobade, que ten levado adiante un importante proxecto de defensa e conservación do lobo naquel Concello, un proxecto que vai ser exposto polo Sr. Vidal, advogado e traballador na Universidade de Vigo.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: