Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobada este xoves no Congreso con 176 votos

A lei de financiamento autonómico sae adiante co "mínimo acordo posíbel"

Rexeitadas todas as emendas de PP, CiU e BNG. Desde o Bloque xustifican o voto en contra advertindo de que no caso de Galiza" apenas cobren o 66% das necesidades".

Redacción / EP - 18:00 12/11/2009

Coa conta exacta da maioría absoluta, 176 votos, o PSOE sacou adiante este xoves no Congreso a reforma da Lei Orgánica de Financiamento Autonómico (Lofca). En favor do proxecto contou cos votos de PSC, ERC, Nafarroa Bai, Coalición Canaria, sUPN e ICV. Votaron en contra PP, CiU, BNG e UPyD. PNV e Izquierda Unida optaron pola abstención.

O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, criticou que a porcentaxe de cesión de tributos que estabelece esta reforma, no caso galego apenas dará cobertura ao 66% das necesidade de financiamento do país. Xustamente, nesa liña ían as emendas que achegaba o Bloque, en referencia á cesta de tributos cedidos, "co obxectivo común de asegurar a autonomía e suficiencia financieira das comunidades autónomas e incrementar a súa responsabilidade fiscal", salientou. Segundo a iniciativa dos nacionalistas galegos, cada goberno autonómico debera dispor dunha cesta de impostos propios e cedidos "axustada ás súas necesidades financieiras".

Así por exemplo, referiuse Francisco Jorquera aos impostos especiais de fabricación, agora mesmo cedidos parcialmente, e que o BNG reclama que sexan cedidos completamente. "E outra das nosas propostas demanda a inclusión do imposto sobre sociedades na cesta de tributos cedidos", expuxo. Medidas que, subliñou Jorquera, contribuirían á descentralización tributaria á vez que promoverían que empresas que operan en Galiza pero teñen sede social en Madrid cavilasen cotizar no noso país.

O goberno español confía no "si" das comunidades do PP
Aprobada a lei, a ministra de Economía, Elena Salgado, dixo estar "moi satisfeita" co texto, aínda admitindo que lle tería gustado contar co apoio de máis grupos e que outros grupos "tiveran recoñecido que este é un bo sistema de financiamento". Así e todo, dixo estar segura de que todas as comunidades autónomas van aceptar o sistema.

"Temos a seguridade de que aceptarán o financiamento e os fondos adicionais", insistiu, reprochándolle "incoherencia" ao PP logo de que os gobernos autonómicos deste partido se abstiveran na votación ao respecto no Consello de Política Fiscal e Financeira. Ao fío, retrucou a voceira do PP no Congreso, Soraya Sáenz de Santamaría, que á esta lei "fáltalle sentido de Estado e sentido do acordo e falta de vontade" para garantir a igualdade no acceso aos servizos. "Aprobouse, a diferencia da lei que vén a derrogar, polo mínimo acordo posíbel", censurou. Na súa opinión trátase dunha lei negociada "de costas á crise" e por "necesidades políticas e partidistas" con "minorías nacionalistas".

Labazadas a conta do Estatut
Un dos enfrontamentos acontecidos na Cámara baixa a conto da votación protagonizárono os deputados cataláns. Así, o voceiro en materia económica de CiU, Josep Sánchez Llibre, cualificou a xornada deste xoves no Congreso de "asasinato político premeditado do Estatut de Cataluña". Os representantes de CiU definiron ademais de "cómplices" a PSC, ERC e ICV. "Vai contra Cataluña e contra os servizos que reciben os cataláns", agoirou Sánchez Llibre

"Só lle falta acusarnos de adestrar aos pilotos do 11 de setembro", ironizou en resposta o voceiro de ERC, Joan Ridao. Sobre o voto favorábel de Esquerra, Ridao argumentou que o seu partido optou neste conflito por "salvar os mobles". Mentres, o representante de ICV, Joan Herrera, valorou que o novo marco legal está "federalizando o Estado con liderado dende Cataluña". "Supón un avance clarísimo", engadiu.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: