Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
O portugués Nelson Oliveira

O XGZ ficha o subcampión do mundo sub23 de cronometrado

Por outra banda, a UCI confirmou este martes que a equipa ciclista recibirá a licenza de categoría Profesional Continental.

Redacción - 12:00 18/11/2009
Na súa etapa no Cidade de Lugo

Na súa etapa no Cidade de Lugo

O Xacobeo Galicia (XGZ) fichou o actual subcampión do mundo de cronometrado sub23, Nelson Oliveira. O corredor portugués, de 20 anos, está considerado como un dos novos talentos do pelotón internacional. Con esta incorporación o equipo profesional galego eleva o seu número de integrantes para 2010 a 15.

Oliveira é o primeiro corredor do país vizinho en recalar nas filas do XGZ nos seus tres anos de existencia. No entanto, o subcampión mundial está familiarizado co ciclismo do noso país xa que en 2009 correu na equipa Cidade de Lugo-Artesanía de Galicia.

Por outra banda, o XGZ coñeceu este martes que será equipa de categoría Profesional Continental, segundo confirmou a Unión Ciclista Internacional (UCI).

Nunha primeira fase, até o 15 de novembro, a UCI exixía aos aspirantes a conseguir esta categoría continental uns requisitos de orzamento, contratos de patrocinio debidamente asinados cos patrocinadores principais, garantía bancaria e, polo menos, dez contratos asinados con ciclistas.

A lista completa das formacións Profesionais Continentais é a formada por Acqua & Sapone (ITA), ANDALUCÍA - CAJASUR (ESP), Androni - Giocattoli (VEN), Bbox Bouygues Telecom (FRA), BMC (USA), Carmiooro (GBR), Cerámica Flaminia (IRL), Cervelo Test Team (SUI), Cofidis (FRA), Colnago - CFS Inox (IRL), De Rosa - Plastico de Stac (IRL), DSI - Neri (ITA), Landbowkrediet (BEL), Saur - Sojasun (FRA), Skil - Shimano (HOL), Topsport Vlaanderen (BEL), Vacansoleil (HOL), Vorarlberg Corratec (AUT) e Xacobeo Galicia (GZ).


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: