Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Tempada de caza

Información cidadá e remedios por "se o acosan os escopeteiros"

O colectivo 'Matar por Matar, Non' publica un manual con datos prácticos para arredar os "cazadores que descoñecen a lexislación".

F. A. - 10:00 19/11/2009

O colectivo 'Matar por Matar, Non', ante a "continua infracción das leis" que regulamentan a caza, "poñendo en perigo a terceiras persoas", decidiu aclarar algunhas das dúbidas máis comúns que poidan ter "algúns cazadores" por falta de información ou por ignorancia da lexislación. Salientamos algunhas das que publican na súa web.


Distancias ás zonas de seguridade onde non se pode cazar

  • 50 metros das estradas, pistas e camiños. Deben disparar, sempre, de costas á zona de referencia.
  • 100 metros de lugares habitados, contados desde a edificación máis afastada.
  • 250 metros das concentracións de persoas ou animais.

Coches nos montes
  • De non constar autorización expresa, está prohibida a circulación de vehículos fóra das pistas asfaltadas e sinalizadas.

Onde se pode cazar?
  • Coutos de caza (mínimo de 500 hectáreas)
  • Tecores (mínimo de 2.000 hectáreas) Lugares delimitados e adxudicados a unha sociedade de cazadores, que deben coidar (levar control das especies e individuos e alimentalos).
  • Terreos Cinexético Deportivos

Onde non se pode cazar?
  • Zonas de seguridade (lugares polos que circulan persoas)
  • Refuxios de fauna (zonas vedadas á caza dentro dun couto ou tecor)

Sinalizacións

  • Tanto os refuxios de fauna situados dentro dos coutos, como os propios coutos e o resto de zonas de caza, deben estar sinalizados, mais non teñen por que estar valados.
  • A manipulación ou destrución de sinalizacións está considerada como unha infracción grave.

Uso polos cazadores de propiedades privadas doutros

  • A Lei de Caza, que 'Matar por Matar, Non' traballa para modificar, permíteo se os cazadores presentan a autorización asinada dun 75% dos propietarios, para facer un couto ou tecor.
  • As autorizacións son dun mínimo de cinco anos anos e un máximo de 25 anos (até hai pouco non podía superar os 15).
  • Os propietarios que non asinen, dentro do 25% restante, inclúense automaticamente logo de dous meses de que se informe por anuncio público. Se o anuncio non se ve, as terras "incáutanse" igualmente, e só fica a segregación.

Segregar leiras dun tecor

  • Todo o que hai nunha leira en propiedade, incluídos os animais que nela viven, é do propietario.
  • Se a leira forma parte dun couto, pódese segregar e esta pasará a ser un Refuxio de fauna.
  • Ninguén pode cazar nin entrar con armas dentro dun Refuxio de fauna.

Cobrar por cazar
  • Se non se quere segregar, pódese exixir un pago polo uso das leiras. Nalgunhas zonas do Estado é unha importante fonte de ingresos que ademais permite que as fincas estean coidadas e que se repoña e se críe caza.


Desde 'Matar por Matar, Non' ofrecen un último consello práctico "para librarse do perigo, do lixo abandonado e da presenza molesta destes 'deportistas'", que -aseguran- "está a ser utilizado, con éxito en diversos lugares".

"Polo prezo de 20 euros a ducia, poden adquirir, en calquera pirotecnia, foguetes de tres explosións que, repartidos axeitadamente en número de tres cada día, ocasionarán que os animais se refuxien nos seus tobos", afirman.

E engaden: "Teñen o efecto complementario de crear nos animais un reflexo condicionado que, co tempo e ao escoitaren o primeiro foguete do día, xa saberán que eses días hai cazadores no monte e gardaranse moito de saíren á superficie".


Ligazóns

4.92/5 (13 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Coche no monte, infracción da lexislación de caza
Coche no monte, infracción da lexislación de caza
Cazador na estrada, infracción da lexislación de caza
Cazador na estrada, infracción da lexislación de caza
Sinal deitado no chan / Fotos: matarpormatarnon.org (clique para as ampliar)
Sinal deitado no chan / Fotos: matarpormatarnon.org (clique para as ampliar)