Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
ANTE A RESOLUCIÓN DA EBLUL

O conselleiro de Cultura asegura que o Goberno seguirá na mesma liña en materia lingüística

Resta importancia ás críticas do órgano europeo e adianta que todos os creadores galegos serán protexidos, independentemente da lingua que empreguen.

Redacción - 17:00 28/11/2009
Varela xa foi moi criticado anteriormente por asegurar nunha entrevista que "a cultura galega está moi ben pero limita"

Varela xa foi moi criticado anteriormente por asegurar nunha entrevista que "a cultura galega está moi ben pero limita"

Para o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, o informe da Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), que censurou a actitude do Goberno cara a lingua galega, ten unha "importancia relativa". En resposta, asegurou que a intención da Xunta en materia lingüística é "seguir na mesma liña".

Sen diferencias co pasado
"Non deixa de ser un informe", foron as palabras de Varela cando foi preguntado polos xornalistas ao respecto. Ao tempo asegurou que "a política lingüística da Xunta non ten ningunha diferencia co pasado", explicando que o único novidoso até o de agora foi a enquisa realizada en materia de educación e un novo decreto que, adiantou, "estará listo a finais de ano".

O conselleiro de Cultura subliñou que a intención do Goberno é "dar prioridade e protexer" a lingua galega en todas as súas manifestacións, se ben matizou que non se fará "unha política de carácter dirixista" nin se "imporá absolutamente nada".

Sen discriminacións
Varela destacou que a promoción do galego "formará parte fundamental" da política da Xunta e asegurou que "ningún creador" será excluído por razóns de lingua, "nin por falar en galego nin por empregar o español". Así, fixo fincapé en que "tanto un como outro idioma forman parte da nosa cultura e da nosa identidade".


Ligazóns

3,5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: