Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións en Honduras

A Fronte Nacional contra o golpe de estado asegura que a abstención ascendeu como mínimo ao 65%

Nun comunicado, consideran que o resultado representa unha gran vitoria do pobo, e convídano a celebrar a derrota da ditadura.

Redacción - 10:45 30/11/2009
Porfirio Lobo

Porfirio Lobo

Porfirio Lobo proclamouse a si mesmo vencedor nas eleccións presidenciais deste domingo en Honduras, nuns comicios que se desenvolveron sen o respaldo da comunidade internacional e sen supervisión técnica de observadores de organismos internacionais como a OEA ou a ONU.

A proclamación da vitoria de Lobo, do Partido Nacional, producíase logo de que o seu principal rival, Elvin Santos, do Partido Liberal (formación de Manuel Zelaya e Roberto Micheletti), recoñecese a súa derrota.

Porén, o resultado segue sen ser oficial. A polémica sobre a convocatoria e o desenvolvemento das eleccións afectou tamén o reconto de votos que non se puido concluír xa que supostamente o sistema se estragou.

Lobo dixo que vai convocar un diálogo nacional, con todos os sectores, para intentar saír da crise. Mais os partidarios do Zelaya e os opositores ao golpe de estado non recoñecen a lexitimidade das eleccións.

Abstención "moi elevada"
A abstención, segundo axencias e medios internacionais desprazados ao país, foi moi elevada, ademais de se producir ducias de detencións por parte do exército que controlaba os centros de votación

Neste senso, a Fronte Nacional contra o golpe de estado asegurou este domingo á noite nun comunicado que o abstencionismo ascendeu como mínimo ao 65%. Consideran que este resultado representa unha "gran vitoria do pobo", e convídano a "celebrar a derrota da ditadura" este luns.


Ligazóns

4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Mural nunha universidade hondureña, en folga
Mural nunha universidade hondureña, en folga
A afluencia ás urnas foi moi escasa, segundo os medios internacionais
A afluencia ás urnas foi moi escasa, segundo os medios internacionais
O Exército controlou os lugares de votación e rexistráronse ducias de detencións
O Exército controlou os lugares de votación e rexistráronse ducias de detencións