Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornalista da Radio Galega

Amelia García Hervella, premio "Implicada do ano"

O colectivo Implicadas no Desenvolvemento agradécelle o seu labor radiofónico "dándolle visibilidade ás persoas invisíbeis".

Redacción - 09:00 10/12/2009

"Co Implícate queremos que o público comprenda que cada persoa pode contribuír a cambiar as normas que fan do mundo un lugar inxusto para a maioría da poboación mundial, con especial efecto nas mulleres, sobre todo uníndose en organizacións como a nosa", explicou María Reimóndez, presidenta do colectivo Implicadas no Desenvolvemento, durante a presentación este mércores do galardón "Implicada do ano".

Deste xeito, o colectivo decidiu que a persoa premiada este ano sexa a xornalista Amelia García Hervella, da Radio Galega, polo compromiso co traballo de Implicadas nos últimos anos a través da súa actividade profesional. "Nun contexto no que os medios de comunicación adoitan prestar atención ás ONGs de xeito superficial, falando só do seu labor cando hai catástrofes ou conflitos, o traballo continuado de Amelia por difundir valores e promover a reflexión na nosa sociedade, sáese do común da práctica xornalística", apuntan desde a asociación.

Na pasada edición, este galardón fóralle concedido á poeta e presentadora Yolanda Castaño "polo seu apoio e a súa participación desinteresada en distintas iniciativas culturais de Implicadas. O premio entregaráselle a García Hervella o vindeiro día 10 de xaneiro no transcurso da quinta edición do festival “Implícate, Noite de música e palabra solidaria” que se celebrará no Teatro Principal de Santiago. Baixo a dirección de Hervella, o programa radiofónico As Quimbambas mantivo un amplo espazo onde semanalmente Implicadas falaba de diversas actividades relacionadas coa cooperación e o desenvolvemento.


3,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: