Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AUMENTA A PRESIÓN

Unha semana despois, os tractores agardan en Compostela

Este luns os gandeiros marchan a pé até San Caetano para exixir que Medio Rural medie para a convocatoria dunha mesa de negociación coa industria.

Redacción - 11:30 14/12/2009

Cando se cumpre unha semana exacta dende que os tractores se instalasen en Salgueiriños (Compostela), Gandeiros Unidos quere demostrar que as súas forzas seguen intactas e que non pensan marchar da capital galega mentres non teñan un compromiso por parte da Xunta de Galiza. Así o asegura Xosé Agra, voceiro do colectivo, quen reitera que, logo de sete dias durmindo á intemperie e sen o apoio das demais forzas sindicais, os gandeiros non pensan abandonar a súa protesta.

Durante a fin de semana continuaron a chegar máis vehículos agrarios até Compostela para unírense ás reivindicacións desta plataforma. Tal é así que o propio Agra confirma que entre os que xa se uniron á concentración de tractores hai moitos que pertencen ben a Unións Agrarias, ben ao Sindicato Labrego, ben a Xóvenes Agricultores. Entre 50 e 60 vehículos agrarios chegaron nos dous últimos días a Santiago, moitos deles transportados en camións. Segundo os datos da organización, actualmente hai uns 500 aparcados no mercado de Salgueiriños.

Último día
Logo de sete días de protestas, os gandeiros recordan que este luns é o último día que lle dan de prazo á Xunta de Galiza para que fixe unha data para unha xuntanza na que estea presente a industria, a distribución e unha representación de GGUU. Do contrario, ameazan con paralizar a recollida de leite e con radicalizar as súas protestas. De feito, este luns varios grupos de persoas verteron cisternas cargadas de leite en Ordes e Val do Dubra. Con todo, un dos voceiros da plataforma, Xosé Luís Ríos, xa asegurou que estes actos non foron responsabilidade dos gandeiros concentrados en Santiago e mesmo apuntou que poderían ser accións para desacreditar a GGUU.

*Por un erro desta Redacción, na noticia apareceu durante algúns minutos unha foto de arquivo sobre mobilizacións anteriores que nada teñen que ver coas actuais


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: