Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE E PARTICIPACIÓN

No Open Vieiros: bandullos satisfeitos e cazolada antimonárquica

Os lectores falan sobre a lei de altos cargos e convidan a participar nunha protesta contra a figura do rei no noso fervedoiro de opinión.

Redacción - 14:05 14/12/2009

"Cheos están eses bandullos de moitas cousas, ningunha delas tan salientábel coma a soberbia infatigábel, a avaricia desaforada e un brutal desprezo á sociedade". Así fala Xoán Vázquez (Nova Jersey, USA), no Open Vieiros dos parlamentarios que deron o visto e prace a "vergoñenta" lei de altos cargos desbotando a pasada semana a Iniciativa Lexislativa Popular que pedía a súa supresión. Velaquí a súa interesante reflexión e o debate aberto no que podes participar.

Outro chamado á protesta e á acción chéganos da man de Xeitoso, quen se fai eco da convocatoria dunha gran cazolada antimonárquica en noiteboa: o discurso do monarca na noite do 24 de decembro será o sinal que marque o momento de comezar a bater en louzas e cazolas.


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O Parlamento desbotou surprimir o plus de altos cargos, un tema que xera opinión no Open Vieiros
O Parlamento desbotou surprimir o plus de altos cargos, un tema que xera opinión no Open Vieiros
Outro lector faise eco da convocatoria dunha cazolada antimonárquica
Outro lector faise eco da convocatoria dunha cazolada antimonárquica