Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Telecomunicacións por fibra óptica

R aumenta a súa implantación... e a velocidade de acceso a internet

A compañía medrou un 10 por cento e ofrecerá en xaneiro incrementos na baixada e na subida das conexións á rede.

Redacción - 11:45 30/12/2009

A compañía de telecomunicacións por fibra óptica R presentou o seu balance anual, que a consolida como o primeiro operador do país, cun crecemento do 10,2 por cento durante 2009 e uns beneficios netos de 23 millóns de euros.

Mais, a principal novidade para os clientes da compañía, que xa ten 11 anos de vida, será o aumento das velocidades de conexión á internet. Ese incremento producirase tanto na velocidade de baixada como na de subida, cumprindo coas demandas dos usuarios. Así, as persoas que contaban con 12 megas pasarán a ter 15 de baixada e 1,5 de subida; as conexións de seis megas, pasarán a 10, e as de dous e tres megas, a seis. As melloras produciranse durante o mes de xaneiro, segundo informa R no seu blog Que che parece.

O conselleiro delegado da empresa, Arturo Dopico, salientou que o 60% da súa rede de fibra óptica xa dispón da posibilidade de acceder a velocidades de acceso de 30 e de 100 megas. O seu próximo obxectivo é aspirar a conseguir frecuencias do espectro radioeléctrico para poder investir nunha rede propia de móbil de última xeración e levar a banda larga ás zonas máis illadas.


5/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: