Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Tempo de reis

"Dean aguinaldo, non se fagan de rogar, vimos de lonxe e con moito que andar"

Co aninovo e as cavilacións en proxectos e bos desexos, chega tamén o tempo para desafogar gorxas cos cantos de reis.

Redacción - 09:30 06/01/2010
Estampa de Xaquín Marín por tempo de reis

Estampa de Xaquín Marín por tempo de reis

Con fonda raigame na tradición do país, e aínda que xa non se ven os cativos corricar as rúas das vilas con esa fin, os cantos de reis aínda se deixan escoitar por este tempo en toda a xeografía galega, a miúdo na memoria e a voz dos máis maiores.

De seu, trátase de composicións con tres partes ben claras: petición de licenza para arrincarse co canto, a cantiga propiamente e xa logo a petición do aguinaldo, en forma de doce ou cartos. Un detalle este último que mesmo supón que ás veces nos refiramos a estas pezas musicais tamén como "aguinaldos".

En diversos lugares hai colectivos que veñen traballando na recuperación e o mantemento destas tradicións, como é o caso da asociación veciñal e cultural Casco Vello, en Vigo. Tamén o propio Museo do Pobo Galego ten organizado obradoiros de danza e cantos de reis. Ademais, os andeis discográficos ofrecen algún exemplo de pezas deste tipo. É o caso d'O Quiquiriquí, con grupos e solistas como Ultreia, Pilocha, Tino Baz, O Fiadeiro, Uxía Senlle, Guadi Galego, Miguel Costas, Malvela, Ugia Pedreira ou Mini e Mero. Tamén Resonet e Ouvirmos editou o cedé Canto de Nadal, con seis pezas procedentes do ámbito da música popular galega, con arranxos para voz e acompañamento de guitarra barroca ou de tiorba e percusión. Na rede poden atopar tamén escolmas varias de cantos de reis, así como vídeos ao xeito dos que lles achegamos a pé destas liñas.


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



"Canto de Reis de Negreira de Vilamaior" interpretado por membros da Asociación Cultural Donaire

"Canto de Reis" interpretado pola Asociación de Coros e Danzas Eidos

Canto a dúo dunha peza tradicional de Reis na parroquia de Padróns