Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Lectura dixital

O libro electrónico medra ao tamaño dun xornal

Unha compañía electrónica desenvolve un lector flexíbel e de gran formato, semellante aos periódicos en papel.

Redacción - 10:15 19/01/2010

Unha compañía coreana desenvolveu o primeiro xornal electrónico que conta cunhas características semellantes ás dos xornais en papel. O dispositivo deseñado por LG Display é flexíbel e ten unhas medidas de 25 por 40 centímetros, o equivalente a unha pantalla de 19 polgadas.

O libro electrónico, aínda en fase de prototipo, ten un grosor de 0,3 milímetros e 130 gramos de peso, e está recuberto de papel metálico en lugar de vidro para facelo resistente e flexíbel. Ao estar feito de tinta electrónica, só consome enerxía cando se recarga a pantalla.

O novo dispositivo terase que enfrontar ao feito de que os lectores actuais teñen un tamaño moi pequeno, de apenas medio folio, e que non existen, polo momento, contidos dese tamaño.

A empresa anunciou que comezará a producir en serie este semestre unha pantalla de papel electrónico das mesmas características, mais algo máis pequena, de 11,5 polgadas.


4,38/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: