Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Continúa o xuízo

Os papeis de ETA sobre 'Egunkaria' teñen erros significativos de tradución

Segundo os peritos que declararon esta cuarta feira, poderíase deducir unha "intención de reflectir ideas que non existen" nos orixinais.

Redacción - 19:15 27/01/2010

Varios peritos propostos pola defensa dixeron esta cuarta feira no xuízo a cinco directivos do diario Egunkaria que hai erros na tradución dos documentos que supostamente vinculan o xornal con ETA, dos que podería deducirse unha "intención de reflectir ideas que non existen" nos orixinais.

Así o manifestou unha dos intérpretes que foron chamados pola defensa para realizar un segundo cotexo do xa realizado pola Audiencia Nacional sobre as traducións policiais de varios documentos intervidos á dirección de ETA entre 1990 e 1993.

Uns documentos que demostran, segundo a acusación popular exercida por Dignidad y Justicia e a AVT, a vinculación económico-financeira entre ETA e o diario, e polo que están acusados Martxelo Otamendi, Ignacio María Uria, Juan María Torrealdai, José María Auzmendi e Xavier Oleaga, para os que piden penas de entre 12 e 15 anos de prisión. A Fiscalía non presentou acusación.

Os peritos indicaron que os orixinais sufriron engadidos, supresións e un "gran número de erros non illados" que inflúen na comprensión dos documentos e que non se detectaron no primeiro cotexo realizado por un tradutor da Audiencia Nacional o que, na súa opinión, demostra que "ou non se fixo ou se fixo sen ningún rigor".

"Traducións intencionadas"
Como exemplo, citaron unha das frases incluídas nun dos documentos e que na primeira versión traduciuse como "Nestes papeis pódese entender que o director era e non era o que ofrecía información a ETA" cando, segundo precisaron, a tradución correcta é "Nos citados papeis, ao parecer, ofrecíase información sobre o director de Egunkaria".

"Non aparece o nome do xornalista" por "O xornalista non dá nomes" ou "Unha redacción que naceu de todos os compañeiros" en troques de "Un escrito realizado por unhas poucas persoas" son outros dos fallos, que os peritos non entenden "de onde poden proceder" e que poden dar a pensar nunha "intención de reflectir ideas que non existen no orixinal".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: