Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O próximo 21 de maio

Aparten os pelegríns, que chegan os jedis

No 30º aniversario da estrea d'O Imperio Contraataca, e coincidindo coa celebración oficial nos EUA, convócase en Compostela un evento paralelo en homenaxe á saga.

Redacción - 19:15 01/02/2010
Soldados do 'Imperio' na Quintana

Soldados do 'Imperio' na Quintana

Mediado o mes das Letras escoitaranse gaitas canfurneando deica a Praza da Quintana, mais se non identifican as notas con muiñeira ningunha, adiantámoslles a posíbel banda sonora dese 21 de maio: a Marcha Imperial.

Así acontecerá se triunfa o evento nacido nas inescrutábeis corredoiras internáuticas coincidindo co 30º aniversario da estrea d'O Imperio Contraataca, película inicial da saga da Guerra das Galaxias. Seareiros de Star Wars propoñen aproveitar a inercia xacobea para montar un evento a nivel europeo que lle faga competencia á xuntanza oficial que este ano terá lugar na cidade de Orlando, en Estados Unidos.

O desafío: xuntar no mesmo día e na mesma cidade o maior número de afeccionados á saga fílmica e que vaian disfrazados ao xeito dalgún dos personaxes. Os convocantes recomendan optar polos "malos", xa que "á fin son eles os que gañan", ironizan. "Faremos un gran desfile das tropas imperiais pola zona histórica da cidade, un desfile que culminará na Praza da Quintana", prometen.


Ligazóns

4/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: