Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Cáucaso meridional, outro foco

Os Balcáns, "a maior ameaza" para a estabilidade e seguridade de Europa

O xefe dos servizos de intelixencia dos EUA presenta o seu informe anual ante un comité especial de senadores.

Redacción - 11:50 05/02/2010
Dennis Blair, na súa comparecencia

Dennis Blair, na súa comparecencia

A inestabilidade dos Balcáns é "a maior ameaza para a seguridade de Europa neste 2010. Esta conclusión reflíctese no informe que o xefe dos servizos de intelixencia dos EUA presenta anualmente ante un comité designado do Senado. Segundo declarou Dennis Blair, que actualmente ocupa o cargo, a violencia podería xurdir en Bosnia.

"Os sucesos nos Balcáns suporán de novo a principal ameaza para a estabilidade de Europa en 2010", sinalou, segundo informan os medios internacionais. "Continúo a estar preocupado pola situación de Bosnia", dixo, e engadiu que "aínda que nin a propagación da violencia nin a ruptura formal do Estado semellan ser inminentes, as axenda étnicas seguen a condicionar a política".

Desde o fin da guerra (1992-1995), Bosnia-Herzegovina está dividida en dúas entidades: a República Srpska (serbia) e a Federación Bosnia-Herzegovina, de maioría croato-musulmá (o pequeno Distrito de BrĨko é unha terceira de facto desde 2000). A "crecente tensión entre etnias", afirmou Blair, é probábel que se intensifique como consecuencia dos comicios previstos para o outono.

Expansión da influencia rusa

Ademais, Blair fixo referencia a Kosovo, tamén nos Balcáns, e ao sur do Cáucaso, zona onde se localizan Armenia, Acerbaixán, Turquía e Xeorxia, entre outros, e onde EUA ve a "expansión da presenza militar, política e económica de Moscova nas rexións separatistas" como un perigo que podería levar ao "rexurdimento de conflitos armados".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: