Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MARTES DE FESTA

Día grande do Entroido na rúa e na web

A parte lúdica dun día festivo en moitos concellos do país compleméntase coa vertente didáctica que ofrecen os blogs de bibliotecas, colexios e centros sociais.

Redacción - 11:35 16/02/2010
'Faraón e familia' recibiu o primeiro premio en Esgos / Blog Telecentro Esgos

'Faraón e familia' recibiu o primeiro premio en Esgos / Blog Telecentro Esgos

O Entroido chega este martes ao seu día grande, que ademais é festivo en boa parte dos concellos do país. As rúas de vilas e cidades énchense de máscaras cos tradicionais desfiles. Así, en Vigo sairán á rúa os merdeiros, mentres que as madamas e os danzantes farán o mesmo na Pobra de Brollón, os cigarróns en Verín, os peliqueiros en Laza...

Na internet podemos atopar abondosos testemuños gráficos destas celebracións, ademais de información sobre as festas, especialmente nas bitácoras de colexios, bibliotecas e centros sociais, cunha vertente didáctica. Así, a biblioteca do colexio de Cervo mesmo preparou un vídeo sobre o Entroido. Pola súa banda, o blog do Centro Social de Coia dedicoulle un espazo ás filloas.

As fotografías de persoas disfrazadas acaparan as bitácoras. Dende xente que nos amosa a súa vestimenta, como en A zona velha, até recompilacións das máscaras premiadas, no Telecentro-biblioteca de Esgos. Pódense ver, ademais, imaxes do Entroido ferrolán, en Trá-la utopía, e unha presentación cunha mostra da festa na Caniza, en Prado da Canda Dixital.

Hai tamén lugar para a memoria, como en Ourense no tempo, que presenta imaxes de antigos entroidos na cidade das Burgas. Outro tipo de contidos son os que presenta a Biblioteca do CPI de Carral, que participa nun webquest, un proxecto de intercambio entre centros. O recanto de Mik expón recursos educativos arredor do Entroido, mentres que o equipo de normalización e dinamización lingüística do IES EBA de Culleredo fai un resumo de información arredor destas celebracións.

Por último, non podemos esquecer o Vieiros da Escola dedicado ao Entroido ourensán, ou o especial que Vieiros preparou sobre o Entroido en 1999. Dende o punto de vista da lingua, a Secretaría Xeral de Política Lingüística dispón dun amplo vocabulario do Entroido.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: