Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECEITAS CONTRA A CRISE

O Banco de España alíase coa patronal: é preciso abaratar os despedimentos

Fernández Ordóñez volve mover ficha pedindo unha reforma laboral “ambiciosa” que “non disuada os empresarios que queiran crear emprego” e apoiando a xubilación aos 67 anos.

Redacción - 11:37 23/02/2010
Fernández Ordóñez

Fernández Ordóñez

Están os organismos públicos sondando a opinión dos cidadáns? Isto é o que parece en todo o que ten que ver coa reforma laboral e o atraso na idade de xubilación. As palabras do gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández-Ordóñez, non pasaron este martes desapercibidas. O alto cargo financeiro, proposto no seu día por Rodríguez Zapatero, prognosticou que o ano 2010 vai ser aínda máis “duro e complicado” economicamente. A receita de Fernández Ordóñez é clara: é precisa unha reforma laboral “ambiciosa” e que o goberno saque adiante o seu plan de atrasar a xubilación.

Aínda sen detallar a súa proposta, o presidente do Banco de España súmase ás voces empresarias que apostan por un despedimento máis barato. A este respecto hai que lembrar que diferentes dirixentes da patronal teñen avogado por reducir a indemnización máxima que existe na actualidade (45 días por ano traballado para os contratos indefinidos). Un dos casos máis chamativos foi o de  David Taguán, directivo da asociación que engloba as grandes construtoras españolas e ex asesor de Zapatero. O economista avogou recentemente por un modelo de despedimento que fixe unha indemnización de entre 12 e 24 días (de máximo) por ano traballado.

Como son na actualidade as indemnizacións por despedimento?
-A normativa actual establece que se un traballador é despedido de xeito improcedente ou causa baixa unilateralmente por unha motivación xusta terá dereito a 45 días de indemnización por ano traballado (até un máximo de 42 meses).

-A indemnización baixa até os 33 días por ano traballado no caso dos contratos indefinidos incentivados (como é o caso de maiores de 45 anos ou mulleres con poucas posibilidades de atopar traballo). Nestes casos a compensación no poderá superar as 24 mensualidades.

-Nos casos de despedimento obxectivo (mala situación da empresa...), despedimento colectivo ou de extinción unilateral do contrato por parte do traballador, por traslado ou modificación substancial das condicións de traballo, o empregado terá dereito a 20 días por ano traballado (até un máximo de 12 meses).

-Os traballadores con contrato de obra ou servizo teñen dereito a unha indemnización máxima de oito días de salario por ano traballado.


2.6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: