Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Galardón da Fundación

Neira Vilas, Premio Laxeiro 2010

"Un dos grandes nomes" da cultura do país e "referente literario, intelectual e, sobre todo, humano", segundo destacou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

Redacción - 18:35 23/02/2010

O escritor Xosé Neira Vilas foi galardoado este martes co Premio Laxeiro 2010 pola súa traxectoria literaria e por ser, segundo destacou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, "un dos grandes nomes" da cultura do país e "un referente literario, intelectual e, sobre todo, humano".

Varela asistiu en Vigo á reunión do Padroado da Fundación Laxeiro, que acordou dar un impulso á proxección internacional da figura do pintor durante 2010, e participou no acto de concesión desta distinción, durante a que incidiu nas afinidades do galardoado co propio Laxeiro.

O conselleiro valorou o "don extraordinario" que ambos os dous tiñan para "repropoñer" a tradición cultural galega en "formas aparentemente simples e inmediatamente comunicativas". Ademais, puxo de relevo a súa capacidade para ser creadores "verdadeira e sentidamente populares".

Varela recordou que os dous artistas se coñeceron no Centro Galego de Bos Aires e foron emigrantes, o que tamén lles serviu "de axuda" no seu quefacer creativo e permitiulles percibir a necesidade de "reinterpretar continuamente a tradición", entendendo así que "a identidade dun pobo se refunda cada día a través da lingua e da arte".

A Fundación Laxeiro
Durante a súa intervención na entrega do sétimo Premio Laxeiro, o titular de Cultura tamén subliñou o "impulso decisivo" que proporciona á promoción do patrimonio do país a Fundación que leva o nome do pintor nacido en Lalín.

Entre os seus labores máis salientábeis está a recente publicación do catálogo universal do artista. Ao respecto, Varela sinalou que o propio Laxeiro era un "creador preocupado pola permanencia do seu legado".


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Neira Vilas, con Laxeiro e amigos e familiares de ambos / Fotos: lembranzas-ines.blogspot.com
Neira Vilas, con Laxeiro e amigos e familiares de ambos / Fotos: lembranzas-ines.blogspot.com