Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Dez meses despois da moción de censura

Detida unha edil do goberno de Abegondo por apropiación de fondos públicos

A Garda Civil iniciou a investigación logo de que un particular denunciase a existencia dunha trama para apoderarse de pequenas subvencións.

Redacción - 08:50 24/02/2010

O vindeiro 20 de abril cumprirase un ano da volta do ex conselleiro de Agricultura, Xosé Antonio Santiso Miramontes (PPdeG), á Alcaldía de Abegondo. Unha moción de censura lograba aquel día sacar do poder a Xoán Xosé Rocha, un independente (antes 'popular'), que gobernaba co apoio de dous concelleiros nacionalistas e un do PSdeG que, finalmente, foi peza clave na volta de Santiso Miramontes.

Dez meses despois daquela manobra política, o pequeno municipio coruñés viuse este martes sorprendido pola detención da concelleira de Cultura, Educación, Deportes e Xuventude, Cristina Rabón Blanco (PPdeG). A edil, que quedou en liberdade con cargos, logo de prestar declaración no xulgado, está acusada dun suposto delito de estafa. A xustiza considera que hai indicios de que Rabón Blanco de apropiou de fondos públicos que procedían de pequenas  subvencións solicitadas a nome de terceiros. A Garda Civil tamén lle tomou declaración ao director dunha oficina financieira da localidade que podería estar implicado na trama.

Os axentes iniciaron as pesquisas logo de que hai uns meses un veciño do municipio presentase unha denuncia. O rexedor de Abegondo, Santiso Miramontes, asegurou que este mesmo mércores mantería unha reunión coa concelleira para aclarar o sucedido. Mentras tanto, o alclade confía “na presunción de inocencia da súa compañeira de goberno”.

Anteriores:


4.43/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: