Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Alerta vermella

O núcleo "forte" do ciclón, que causou unha morte, remite este sábado pola noite

Nalgúns puntos do sur alcanzáronse refachos de 130 e 140 quilómetros por hora xa contra as 13.00 horas.

Redacción - 13:00 27/02/2010

O paso do núcleo "forte" do ciclón Xynthya por Galiza adiantouse unhas dúas ou tres horas respecto das previsións da xornada do venres, co que as choivas e os refachos máis fortes de vento -que xa alcanzaron os 130 e 140 quilómetros por hora nalgúns puntos do país- rexístranse xa desde as 13.00 horas na zona Sur e desde as 16.00 horas no Norte.

Así o indicou este sábado aos medios de comunicación o técnico de Meteogalicia Xoán Taboada, ao termo do encontro que mantiveron os responsábeis deste centro, dependente da Consellaría de Medio Ambiente, co responsábel deste mesmo departamento, Agustín Hernández e o conselleiro de Presidencia, Afonso Rueda.

Ambos os dous dirixentes coincidiron en subliñar, logo de coñecer os últimos datos de Meteogalicia, que "as previsións se confirman" e que o fenómeno meteorolóxico que atravesará Galiza será "de grande intensidade". Por este motivo, incidiron na necesidade de "extremar as precaucións" e recomendaron evitar desprazamentos "innecesarios".

Alerta amarela por chuvias
Por outra banda, Taboada sinalou que os servizos meteorolóxicos manteñen "só" alerta amarela por chuvias ao se prever que se poidan acumular "40 litros en 12 horas" e "puntualmente, 15 litros nunha hora". As precipitacións máis fortes produciranse "até as horas centrais do día". Cos ventos máis intensos, Taboada augurou que a chuvia irá "amainando".


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: