Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Investidura de Pepe Mújica en Uruguai

O suxeito do cambio "sos vos", pobo querido

"Ninguén é máis ca ninguén e na vida é bo lembrar e saber que gobernar é construír equipos", afirmou Mújica.

Redacción - 11:15 02/03/2010
José Mújica no acto de investidura

José Mújica no acto de investidura

"Nada cambia senón cambiades vós, o suxeito do cambio sodes vós, pobo querido", debullou José Mújica na súa intervención este luns en Montevideo, no acto que oficializaba o seu acceso á presidencia do Uruguai. Así instaba a sociedade uruguaia a "cambiar a realidade", subliñando que "derrotados son os que deixan de loitar".

A pé de Mújica e no palco de autoridades, estaba un labrego, vello amigo do novo presidente desde hai moitos anos. E ao fío, reflexionou o mandatario: "Queridos compañeiros, convidei un amigo que está acá, é un vello 'peludo' de Artigas, criado na fronteira, orfo de gurí, que ten corenta e pico de anos de militancia, que cada vez que vou paro no seu rancho, dos imprescindíbeis de abaixo, dos que nunca piden un posto ou un cargo, un acomodo, un laburo, dos que a longo de máis de corenta anos sempre militan, e é a través del que quero lembrar que non por estar arriba o teu corazón e o teu compromiso deixa de estar abaixo". "E sei que teño que pelexar hoxe pola integración deste país, por todos e con todos, e iso vai ser o ton do que intentaremos dicir se nos sae, e senón, vaia o noso corazón".

"Son o presidente deste país aldea", dixo despedíndose diante da estatua de Artigas, José Mújica, ao iniciar camiño á fronte do segundo goberno de esquerdas do país.

No acto estido presente a voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, quen lle transmitiu o apoio dos nacionalistas galegos ao Frente Amplio pola vitoria electoral. O BNG salienta "os logros que obtivo un goberno de esquerdas, que traballou pola soberanía do país e que foi quen de loitar contra a pobreza e de mellorar a educación a través de plans como o Ceibal".

Poden ampliar nos diarios uruguaios:
El Pais
La Diaria
El Observador
La República


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: