Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Enciclopedia da fantasía popular galega

Un lustro de Galicia Encantada

A caveira de Doade, as orellas do Monte Rubiás, o lobishome do Incio... ducias de historias do imaxinario do país accesíbeis en liña.

Redacción - 09:00 03/03/2010

"Ás veces dá mágoa ver como se levan ás pantallas temas semellantes aos da nosa tradición, sacados de autores foráneos, sen que ninguén saiba que nós temos historias tan boas coma esas, dá pena, sobre todo, porque esa forma de proceder leva implícito un descoñecemento grave da nosa cultura: Galicia Encantada quere facer visible ese patrimonio do noso imaxinario colectivo". Así o contaba para Vieiros o escritor Antonio Reigosa cando Galicia Encantada cumpría apenas un ano na rede.

"Galiza é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro", expoñen na presentación do proxecto, "aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva", prometen desde Galicia Encantada.

O proxecto cumpre este mércores cinco anos en internet. Recomendámoslles remexer no seu vizoso mar de contidos xa que ademais actualízase a cada pouco con novas descubertas e achegas do imaxinario colectivo. Ademais, os seus promotores convidan a seguir realizando novas achegas. Nunca se sabe en que escondedoiro se agocha unha nova maxia ou unha moura. O país non para de producir historias encantadas.


4.77/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: