Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A prol de suprimir o veto autonómico ás fusións

O PP insiste desde Madrid no noivado das caixas con entidades foráneas

A estratexia impulsada por Rajoy bate coa posición pública de Feijoo en Galiza e favorecería fusións como a proxectada entre Caixa Galicia e Caja Madrid.

Redacción - 17:30 03/03/2010
No centro, Cristóbal Montoro na presentación do documento de "alternativas do PP fronte á crise"

No centro, Cristóbal Montoro na presentación do documento de "alternativas do PP fronte á crise"

Non é novidade nas declaracións públicas realizadas en diversas ocasións tanto polo líder do PP, Mariano Rajoy, como polo máximo responsábel da área económica no partido, o ex ministro Cristóbal Montoro. Especialmente este último, tense pronunciado varias veces a prol de que o goberno español favoreza as chamadas fusións interrexionais. Agora á fin, as palabras son recollidas no papel, nun documento onde o PP expón de xeito específico a necesidade da creación de caixas de ámbito estatal "facilitando fusións entre caixas de distintas comunidades".

Cara a ese escenario, o PP convida o PSOE ao pacto e forma concreta propón eliminar o actual "veto autonómico" ás fusións. Unha medida que nos últimos meses xa estivo na axenda de posíbeis estratexias do propio goberno español e que outorgaría ao executivo estatal, a través de institucións como o Banco de España, unha vía para evitar a obstaculización que deste tipo de fusións poden facer desde os gobernos das comunidades autónomas. O exemplo perfecto é Galiza onde, baixo ese modelo, a Xunta perdería toda capacidade de manobra diante dun hipotético acordo de fusión entre Caixa Galicia, Caja Madrid e Caja del Mediterráneo, unha das operacións que estiveron en negociación nos últimos meses.


Ligazóns

1/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: